Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Orientaventura en Cesantes

O Concello de Redondela organiza na tarde do luns 25 unha actividade de carácter medioambiental “Orientaventura en Cesantes” dirixida a nenos de 7 a 16 anos, coa participación dun adulto por equipo para acompañalos en horario de 16:30 a 19:00 horas. inscrición no rexistro do Concello ou no teléfono 986 400 300.

Doazón de Sangue en Redondela

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Redondela ao carón do concello o martes 26 de marzo en horario de tarde dende as 16:00 ata as 21:00 horas.

Iniciación á fotografía na natureza

O Concello de Redondela, dentro das actividades de carácter medioambiental que organiza co gallo da Semana Santa. Ofrece para o sábado 30 en horario de 10:30 a 12:30 un curso de iniciación á fotografía na natureza, orientado neste caso a maiores de 12 anos. Inscrición no 986 400300.

Ciclo vive o teatro: Esas cousas marabillosas

Dentro da Programación de inverno do Concello de Redondela, a compañía Empatía Teatro trae o espectáculo 'Esas cousas marabillosas' ao Auditorio da Xunqueira cunha entrada a prezo reducido que deixa o abono en 3 euros. 'Esas cousas marabillosas' aborda un tema tan difícil como é da saúde mental e as ideas suicidas, pero a compañía […]

Ciclo de teatro infantil: A nena que vivía nunha caixa de mistos

Auditorio da Xunqueira

O Ciclo de Teatro Infantil afianza a súa programación nas actividades de inverno do Concello de Redondela. Caramuxo teatro trae ao Auditorio da Xunqueira a obra 'A nena que vivía nunha caixa de mistos'. Entrada con prezo reducido a 3 euros. 'A nena que vivía nunha caixa de mistos' e un novo espectáculo de Caramuxo […]

Curso de primeiros auxilios en Pazos de Borbén

A actividade, completamente de balde, desenvolverase os días 17, 18, 19, 22 e 23 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas no salón de actos do Concello de Pazos de Borbén. o prazo de inscrición está xa aberto no rexistro municipal. Orientado a maiores de 18 anos, o propósito do curso é proporcionar […]

Ciclo vive o teatro: Deadpan Karaoke

Auditorio da Xunqueira

O Ciclo Vive Teatro continúa na Programación de Inverno do Concello de Redondela coa obra 'Deadpan Karaoke' da Compañía Ibuprofeno Teatro ás 20:00h no Auditorio da Xunqueira e con entrada a un prezo reducido de 3 euros. Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, […]

Monólogo: Pepo Suevos “A caída”

A Programación de Inverno do Concello de Redondela acolle propostas de monólogos variados. Na entrega do 7 de abril actúa Pepe Suevos co monólogo 'A caída'. A entrada ten un custe reducido de 3 euros. Pepo Suevos ten unha longa traxectoria como monologuista e actor, destacando a súa participación como actor en series de televisión, […]

Charla en Pazos sobre as comunidades enerxéticas

O salón de actos do concello de Pazos acolle este mércores 10 de abril ás 18:00 horas unha charla informativa sobre enerxía colectiva. Esta iniciativa, promovida polo goberno local, pretende ser o punto de arranque dunha comunidade enerxética de ámbito municipal aproveitando, ademais, que nestes intres hai aberta convocatoria de subvencións para este fin.

Ciclo de teatro infantil: As palabras perdidas

Auditorio da Xunqueira

O Ciclo de Teatro Infantil da Programación de Inverno do Concello de Redondela remata coa obra 'As palabras perdidas' da compañía Inventi Teatro. Terá lugar no Auditorio da Xunqueira ás 18:00 horas con entrada a prezo reducido de 3 euros. RESUMO DE 'AS PALABRAS PERDIDAS' A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros […]

Concerto de Su Garrido Pombo

Susana Garrido Pombo será a encargada de pechar o ciclo musical “Petiscos en Igualdade” organizado polo Concellería de Igualdade. O seu concerto, incluído na programación co gallo do 8M, tivera que adiarse por mor da chuvia. A actuación será o domingo 21 de abril a partir das 12.00 horas na Alameda Castelao. Su Garrido Pombo […]

Obradoiro sobre coidado emocional

O obradoiro “Coidado emocional, desenvolvemento e empoderamento creativo” pechará o ciclo de saúde feminina o 4 de maio. Esta actividade será impartida pola xestora de recursos humanos Reina D’Hoore. O obxectivo deste obradoiro é reforzar a confianza e autonomía das mulleres. A terapeuta abordará coas participantes a xestión emocional centrando a atención nas emocións e […]