Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ciclo de teatro infantil: As palabras perdidas

Auditorio da Xunqueira

O Ciclo de Teatro Infantil da Programación de Inverno do Concello de Redondela remata coa obra 'As palabras perdidas' da compañía Inventi Teatro. Terá lugar no Auditorio da Xunqueira ás 18:00 horas con entrada a prezo reducido de 3 euros. RESUMO DE 'AS PALABRAS PERDIDAS' A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros […]

Concerto de Su Garrido Pombo

Susana Garrido Pombo será a encargada de pechar o ciclo musical “Petiscos en Igualdade” organizado polo Concellería de Igualdade. O seu concerto, incluído na programación co gallo do 8M, tivera que adiarse por mor da chuvia. A actuación será o domingo 21 de abril a partir das 12.00 horas na Alameda Castelao. Su Garrido Pombo […]

Obradoiro sobre coidado emocional

O obradoiro “Coidado emocional, desenvolvemento e empoderamento creativo” pechará o ciclo de saúde feminina o 4 de maio. Esta actividade será impartida pola xestora de recursos humanos Reina D’Hoore. O obxectivo deste obradoiro é reforzar a confianza e autonomía das mulleres. A terapeuta abordará coas participantes a xestión emocional centrando a atención nas emocións e […]

Proxección de Sica

O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres 10 de maio ás 20:00 horas a proxección de Sica, enmarcada no ciclo de cine en galego que organiza o Servizo de Normalización Lingüística. prezo da entrada: 2 euros. Dirixida por Carla Subirana e protagonizada por Thais García e Nuria Prims. Conta a historia de Sica, unha adolescente […]

Xigantes e cabezudos

O Concello de Redondela ten aberto ata o 15 de maio o prazo de inscrición para participar nas Festas da Coca como xigante ou cabezudo. De entre todos os inscritos farase un sorteo público o 17 de maio. Búscanse un total de 20 persoas para exercer de cabezudos, un mordomo e dúas persoas máis que […]

VI Torneo exhibición Fútbol Sala

O pavillón da Marisma acolle este venres 17 unha exhibición de fútbol sala organizada polo Club Casa Paco con participación dos máis cativos. Así, sairán a pista neste VI torneo de futbol sala mini nenos e nenas nados nos anos 2018 e 2019, rapazada que con tan só 5 ou seis anos xa amosan o […]

Deadpan Karaoke

O Multiúsos de Arcade acolle este xoves ás 21:00 horas a obra Deadpan karaoke de Ibuprofeno teatro. Un divertido espectáculo con entrada de balde enmarcada dentro da programación das letras Galegas do Concello de Soutomaior.

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela

PROGRAMACIÓN SALA VENRES 17 Ás 20:00h no Auditorio do Multiusos da Xunqueira o arxentino Sergio Mercurio coa obra “Viejos” para maiores de 14 anos e cunha duración de 70 minutos. Escritor, cineasta, director e actor de teatro, coñecido internacionalmente como O Titiriteiro de Banfield, da súa etapa creativa anterior, é un dos grandes titiriteiros de […]

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela

PROGRAMACIÓN DE SALA Sábado 18 de maio ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira La Chana Teatro  coa obra “Blancanieves” para maiores de 8 anos e cunha duración de 55 minutos. Fundada en 1987 por Áurea Pérez e Jaime Santos. Ao longo destes anos conseguiron desenvolver unha forma propia de contar historias sempre centrada no […]

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela

PROGRAMACIÓN DE SALA Domingo 19 de maio ás 19:00 horas no Auditorio da Xunqueira o arxentino Sergio Mercurio coa obra “Viejos” para maiores de 14 anos e cunha duración de 70 minutos. Escritor, cineasta, director e actor de teatro, coñecido internacionalmente como O Titiriteiro de Banfield, da súa etapa creativa anterior, é un dos grandes […]

Xanela do Maxín en Soutomaior

O domingo 19 o protagonista será o teatro con música en directo coa proposta ‘Supercoroza. Na eira e na lareira’ de Xanela do Maxin, unha cita que terá lugar ás 18:00 h. na Casa da Cultura Rexina Míguez Doval.

Concerto de CantaTorrella

CantaTorrella será a banda encargada de pechar o Festival de Títeres de Redondela cun concertó o domingo 19 de maio na Pista da Xunqueira. Entre as sorpresas que prepara o grupo redondelán atópase a estrea da canción “25 titiriteiras” composta especialmente para o 25 aniversario do festival coa intención e despedir “por todo o alto […]