- Este evento pasou.
Roteiro Monte Buxel
25 Setembro 2022 @ 10:00 - 13:00
Continúa o programa de visitas guiadas para coñecer o patrimonio natural e arqueolóxico do noso concello e nesta ocasión a cita será o domingo 25 cunha saída para percorrer o monte Buxel. Unha actividade de balde, promovida polo Concello de Redondela, e guiada polo arqueólogo Xurxo Constela.
Visitarase o Monte Buxel, un enclave arqueolóxico situado entre Redondela e Pazos de Borbén onde se atopan tres mámoas, dous grupos de gravados rupestres, un xacemento de foxas da Idade do Bronce e un círculo lítico recentemente atopado.
Non é necesaria prescrición, só aparecer ás 10:00 do domingo 25 de setembro, na gasolineira de Amoedo, na Estrada PO-250.