Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Opóñense á nova conexión con Peinador

RR_Noticias

A Plataforma Cidadá contra a Autovía celebra esta tarde unha asemblea informativa no Multiusos da Xunqueira para analizar a aprobación por parte do Ministerio de Fomento da conexión da A-57 con Peinador a través dun ramal por Arcade e as parroquias redondeláns de O Viso, Cesantes, Reboreda e Vilar.

A plataforma manifestou a súa “indignación e cabreo” polo que cualifican de “malversación de fondos -222 millóns- en tempos de crise” xa que segundo explican o Ministerio da por boa a duplicación de trazados coa construcción da A-57 e este ramal que trascorre en paralelo o que provocará ademais do malgasto innecesario de cartos un importante “impacto ambiental, con especial incidencia nos manantiais de auga”.

Piden un cambio a políticas que aposten polo transporte público e non pola especulación e o desenvolvemento sen sentido e critican que dende Fomento non se teña atendido ás súas alegacións nin tampouco ás súas solicitudes de entrevista cos responsables do organismo.

Desde a Plataforma cidadá contra a autovía de Redondela estudan a convocatoria de mobilizacións en coordinación cos afectados dos distintos concellos (Pontevedra, Vilaboa, Pontesampaio, Soutomaior e Redondela).Hoxe luns día 16, ás 20:30h terá lugar unha primeira asemblea xeral informativa en Redondela, no Multiusos da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará