Hoxe é Venres 16 de Maio de 2025

Obradoiro de marcha nórdica

A fundación Filomena Rivero organiza un obradoiro de marcha nórdica A actividade é de balde e permitirá aos participantes iniciarse na Marcha nórdica como vehículo para gozar da natureza. Coñecer e respectar a contorna así como adquirir hábitos saudables. As persoas que queiran participar desta actividades teñen que ser maiores de idade e deben inscribirse […]

As Letras Galegas en Vilar de Infesta

O Centro Cultural de Vilar de Infesta celebra o Día das Letras Galegas con actividades que arrancarán ás 17:00 horas con actividades para os máis cativos a cargo do grupo de animación infantil de Cedeira. media hroa despoios haberá música coas actuacións das Pandereteiras Follas Verdes de Vilar, as Pandereteiras Ledicia de Trasmañó, o grupo […]

Festival Internacional de Títeres: “A danza dos medos” na programación de sala

"A danza dos medos" (Títeres de mesa, música ao vivo e outras técnicas) ten unha duración de 60 minutos e está programada o sábado 17 de maio no Auditorio da Xunqueira (+8 anos).  A obra convídanos a descubrir como, ao longo da vida, os nosos pensamentos, sentimentos e desexos nos expoñen a vivir múltiples emocións, […]

Andaina pola Serra do Galleiro

Pazos de Borbén organiza unha andaina pola Serra do Galleiro A actividade terá lugar este domingo 18 de maio con saída dende o torreiro da Festa do Ovo de Nespereira ás 9:30 horas. Unha andaina esixente xa que son 12 kilómetros cun desnivel importante. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente no teléfono 692 […]

Festival Internacional de Títeres: “Feos” na programación de sala

A compañía chilena Teatro y su Doble presenta "Feos", un espectáculo de manipulación directa e varias técnicas que explora a beleza na fealdade. A obra, dirixida por Mario Benedetti, represéntase o domingo 18 de maio ás 20:00h, con entrada para maiores de 16 anos.

Contacontos na Biblioteca de Chapela

A biblioteca do Piñeiral celebra unha nova edición dos Contos da veciñanza, un encontro veciñal arredor da narrativa oral. Unha sesión nas que as contadoras son veciñas da parroquia de Chapela que se suman a esta iniciativa que terá lugar o xoves 22 ás 18:00 horas. Nesta ocasión as atrevidas contadoras son Rebeca e Sonia, […]

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: