A plataforma de afectados pola ampliación da autoestrada tiña previsto manifestarse hoxe pola parroquia pero ante a negativa da Subdelegación do Goberno decidiron pospoñer a marcha para o venres día 10 de xullo.
Os veciños de Chapela queren que a súa voz se escoite motivo polo que mañá trasladarán ás súas protestas á capital galega onde teñen previsto manifestarse a partir das 10:30 na Praza do Obradoiro e en San Caetano. Con esta medida queren presionar ao goberno galego para que se pronuncie con claridade sobre o proxecto de ampliación da autoestrada.
Insisten en que a obra de ampliación da vía non servirá para arranxar o problema de tráfico que se produce nas entradas á cidade olívica e prexudicará unha vez máis a unha parroquia xa moi castigada polas infraestructuras.
As nove da mañá do xoves partirán autobuses dende Chapela cara a capital galega abertos a aquelas persoas que queiran participar na protesta.