Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación investirá máis dun millón de euros na mellora da estrada Peinador- Louredo.

RR_Noticias

As obras dotarán de alumeado, sumidoiros, sinalización e de beirarrúas a esta estradada, cumprindo así unha das demandas que os veciños da zona viñan reivindicado dende hai anos.

 
 Este mércores a Xunta de goberno da institución provincial aprobou o plan de mellora da seguridade viaria da estrada Peinador-Louredo cun investimento de 1,2 millóns de euros que serán financiados polo Concello de Mos e a Deputación de Pontevedra. Deste xeito, cúmprese unha das peticións máis reiteradas dos veciños da zona, que dende hai anos veñen reclamando unha mellora da estrada que sufre unha alta densidade de tráfico, sobre todo pesado, segundo afirmaba o presidente da Deputación, Rafael Louzán. As obras consistirán no movemento de terras, afirmado, drenaxe, a contrución de muros, alumeado, sinalización, así como a dotación á estrada de beirarrúas. A nova vía, que se espera estea finalizada no 2011, terá dous carrís de 3 metros cada un, dúas beiravías o aparcamentos de 0,50 ou 2 metros nalgúns lugares, e dúas beirarrúas de 1,50 metros cada unha.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará