Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Urbaser maniféstanse este venres en Redondela en apoio ao seu representante suspendido de traballo e soldo.

RR_Noticias

A manifestación comezará ás 13.00 horas na Rúa Pai Crespo, onde os asistentes esperarán polos traballadores da quenda de mañá, para despois percorrer as rúas do centro da vila ata a Praza da Farola.

 
 
Os empregados da empresa encargada da recollida do lixo do noso Concello acordaron nunha xuntanza celebrada o martes pola tarde manifestarse en apoio ao seu delegado, Victor Manuel Fuentes Viaño, despois de que fora suspendido de emprego e soldo durante 30 días por paralizar un camión de recollida de lixo durante máis de media hora o pasado mes de abril. En solidariedade con Victor Manuel, os seus compañeiros concentraranse diante da empresa, situada na rúa Juan Manuel Pereira o venres 3 de xullo a partir das 13.00 horas. Antes deste acto, os manifestantes esperarán polos seus compañeiros da quenda de mañá na Rúa Pai Crespo, nas inmediacións do Bar Niza, desde onde percorrerán o centro de Redondela ata rematar na Praza da Farola ás 13.15. A directiva da empresa sancionaba ao seu delegado de persoal alegando que o pasado 19 de abril Víctor Manuel Fuentes Viaño tería paralizado un dos camións de recollida de lixo durante 40 minutos na rúa Xeneral Rubín, o que cualifican de “falta moi grave, fraude, deslealdade e abuso de confianza no traballo”. A versión do sancionado é totalmente contraria e afirma que foi o camión o que o atropelou a el cando circulaba en bicicleta polo casco urbano de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará