Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Parlamento Europeo admite a trámite unha denuncia contra os recheos en Rande

RR_Noticias

A Plataforma en defensa da Enseada de San Simón presentou un escrito ante as autoridade europeas no que denunciaba a actuación da Autoridade Portuaria de Vigo no Estreito de Rande

A Comisión de petición do Parlamento Europeo ven de admitir a trámite unha denuncia presentada no pasado mes de marzo pola Plataforma en defensa da enseada de San Simón. O colectivo demandaba das autoridades europeas a actuación urxente para evitar “os recheos previstos pola Autoridade Portuaria de Vigo no estreito de Rande” así como que se “restableza a natureza nos 50.000 metros cadrados do litoral” que foron asfaltados con formigón. Unha iniciativa que cualifican de “irregular” tendo en conta que se realizou nunha zona que debería estar sometida a unha protección especial por formar parte da Rede Natura 2000.O presidente da plataforma, Antonio Lores valora moi positivamente a decisión do Parlamento Europer e lembra que “a actuación da autoridade portuaria supón o inicio dun proxecto qeu devastará un dos lugares máis emblemáticos da ría de Vigo. Un lugar que ademais de formar parte da Rede Natura e punto de referencia de feitos históricos como a batalla de Rande e enclave fundamental como niño biolóxico”. Denuncia ademais que o pasado 1 de xuño solicitaron unha reunión coa recen nomeada presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, sen que aínda teñan obtido resposta a súa solicitude.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará