O home, quen pasou xa a disposición xudicial, fora detido en dúas ocasións anteriores por violencia de xénero
Axentes da Policía Nacional detiveron na noite de onte a un veciño de Redondela, A.G.C. de 48 anos de idade como presunto autor de malos tratos no ámbito familiar.
Ao detido cónstanlle xa dúas detencións anteriores por violencia de xénero e pasou a disposición xudicial no Xulgado número 2 de Redondela.
Os axentes actuaron logo de que unha muller denunciara na policía ter sido vítima de agresións, ameazas e insultos por parte do seu marido, quen padece problema por consumo de alcol.