Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Folklore, música clásica, teatro e actividades de rúa nas Noites Máxicas

RR_Noticias

A programación que organiza a Concellería de Cultura rematará o 22 de agosto co entroido de verán

As Noites Máxicas dos Viadutos arrancan este mércores coa celebración na Casa da Torre do III encontro folklórico internacional onde actuarán o ballet folklórico de Monterrey de México e a agrupación croata Folk dance Group Koprivnica. Unha actuación prevista para as 22:00 horas.A música de cine e zarzuela encherá o multiusos o vindeiro venres cun concerto a cargo de Camerata Quiodi que, baixo a dirección de Plamen Velev presentará o espectáculo “A pantasma da ópera” onde se inclúen músicas de clásicos do cine así como diferentes zarzuelas e obras de Chueca, Chapí ou Bretón, entre outros. Unha programación que continuará con actuacións para todos os público ata o 23 de agosto xornada na que se pecharán as noites máxicas deste ano co entroido de verán. Previamente haberá maxia, folk, teatro e o X Festival Internacional de artista de rúa, que inclúe espectáculos de circo, performance e teatro con artistas procedentes de Italia, Inglaterra, Rumania ou Bulgaria entre outros. O concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera afirma que se trata dunha programación equilibrada coa que se pretende atraer a públicos de tódalas idades. Recoñece con todo que falta un concerto dun artista de “gran tirada” algo que non se puido conseguir debido “ao elevado caché dos grupos, con tarifas que roldan os 36.000 euros”. Unha cantidade económica que a concellería non está en condicións de afrontar neste ano. O mes de xullo pecharase coa actuación teatral da Compañía Clownic-100 tricicle no Campo da Feira. O mes de agosto abrirase cun concerto na Casa da Torre a cargo de Alicia y Rivera e seguirá cunha nova edición do encontro Folklórico Galego-manchego, a actuación de Treixadura, a actuación do Ballet Arxentino e a obra “las locuras por el veraneo” da compañía Teatro MDM.

Eduardo Reguera concelleiro de cultura
O III encontro folklórico abre a programación das Noites Máxicas
Eduardo Reguera
Ausencia dun gran concerto estival

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará