Concertos e monólogos danse cita tódolos xoves ás 21:00 horas nas terrazas do Meixón Frío nunha programación que se prolongará ata mediados de setembro
A música africana de Yoruba Brothers soará esta tarde noite na praza de Meixón Frío nunha nova actuación programada polos locais A tenda de Candelaria, o Café da Vila e O Escondidiño. Ata mediados de setembro pasarán por este escenario actuacións tan variadas como Pepo Suevo e os seus monólogos, os tangos de Tangata e a música rockabilly de Mr. Whiz. Os propietarios dos locais organizadores levan seis anos programando actividades diversas coas que perseguen atraer a un maior número de clientela pero a un tempo ofertar actividades culturais nas que se dea cabida tamén aos grupos locais. De feito, este ano pasarán polo Meixón Music agrupacións como Retro Blues, A jran orchesta cheira que apesta, Beatus Ille ou Circo de pulgas, todos eles formados por xente da vila que ofrecerán aos espectadores blues rock, folk duro, rap e música tradicional.Un amplo abano de alternativas que se completa cos monólogos do recoñecidos contador de historias Quico Cadaval.