Os populares de Redondela presentaran un recurso de reposición solicitando a nulidade do convenio aprobado en pleno por PSOE e BNG “detrás do cal se agochaba un claro pelotazo urbanístico” xa que se pasaba de edificar 174 a 361 vivendas
A decisión da Xunta de rexeitar o plan urbanístico previsto polo goberno local de Redondela para a zona de Pousadouro ven confirmar –segundo declara a voceira do PP, Franscisca Canal “o xa denunciado polo PP de Redondela en novembro de 2004 cando PSOE e BNG aprobaron en sesión plenaria un convenio urbanístico para a construción de vivendas de protección oficial na parroquia de Reboreda”. Nese pleno os populares votaran en contra xa que “detrás do plan agochábase un claro pelotazo urbanístico”. Os populares amosáranse en contra deste convenio pola súa tipoloxía, polo número de vivendas, así como porque non están preparados os accesos. Aseguran que “o convenio non respeta os límites de sostenibilidade da Lei de Ordenación urbanística de Galicia e transforma a calificación do solo co conseguinte aumento do índice de edificabilidade unha cuestión que leva consigo a ampliación de número de pisos e vivendas, pasando de ser de dous andares (baixo e primeiro) a ser de catro (baixo, primeiro, segundo e terceiro)” o que supón incrementar o número de vivendas a edificar de 174 a 361. De feito, os populares presentaran un recurso potestativo de reposición en contra do acordo adoptado no pleno do 10 de novembro de 2009, solicitando a súa nulidade. Engade Canal que “este cambio de catalogación só se podería facer a través do PXOM, plan que, por estes mesmos motivos, aínda non está aprobado no Concello de Redondela, ó que lle interesa seguir nesta situación”, subliña a voceira popular.