A Delegada da Xunta en Vigo, Lucía Morales, comprometeuse tamén a axilizar a transferencia do centro de saúde ao Sergas e a construcción dun Intituto de Ensinanza Secundaria en Soutomaior
Este martes a Delegada Territorial da Xunta en Vigo, Lucía Morales ,visitou o Concello de Soutomaior para coñecer o estado das obras da futura escola infantil. A gardería está situada nunha superficie de 389 metros cadrados na parroquia de Arcade e contará con tres aulas que poderán acoller a 41 cativos. Para o vindeiro curso o número de prazas xa está case cuberto con 36 alumnos inscritos aínda que a Xunta espera completalo no mes de setembro. A escola infantil estará atendida por sete persoas que xa están contratadas. A delegada da Xunta, aproveitou a súa visita en Soutomaior para tratar outras cuestións de interese para o concello co rexedor local, Agustín Reguera. Morales comprometeuse a axilizar canto antes a apertura da gardería pero tamén a transferencia do centro de saúde ao Sergas e a construcción dun Instituto de Ensinanza de Secundaria no concello, que segundo afirmou, está pendente da cesión dos terreos por parte do concello para iniciar os trámites de construcción.