Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e política en Arcade na II Festa Nacionalista

RR_Noticias

A Carballeira do Peirao é o escenario elixido polo BNG de Soutomaior para celebrar a II festa nacionalista na que intervirá o deputado Bieito Lobeira e haberá música a cargo dos grupos “A putisima croqueta Bang Bang”, “Sol y sombra. Hijo del desierto” e de “O leo i Arremecághona”

O BNG de Soutomaior e mais Galiza Nova celebran a II Festa Nacionalista na Carballeira do Peirao de Arcade mañá venres 17 de xullo. No acto, que dará comezo a partir das 22.00 horas, intervirán Manu Lourenzo, vicerresponsábel local do BNG, Marga Caldas, responsábel comarcal de Galiza Nova, e Bieito Lobeira, deputado no Parlamento de Galiza.
Por segundo ano consecutivo, o BNG e mais Galiza Nova convidan as cidadás e cidadáns a participar neste acto festivo-musical que contará coas actuacións dos grupos “A Putísima Croqueta Bang Bang”, “Sol y Sombra. Hijo del Desierto” e de “O Leo i Arremecághona”.
Haberá postos de comida e bebida a prezos populares.
Esta festa celébrase dentro dos actos previos que o BNG celebra con motivo do Día da Patria, que terá como acto central a xa tradicional manifestación do 25 de Xullo polas rúas de Compostela. “Movámonos polo idioma e polo emprego” é o lema sobre o que xira a campaña dos nacionalistas, que pretenden facer un chamamento á participación da sociedade para darlles resposta “ás agresións do PP desde a Xunta contra idioma ademais de reclamarlle ao Goberno políticas que favorezan un emprego digno no país e alternativas fronte á crise”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará