Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Procesión marítima nas Festas do Carme en Cesantes

RR_Noticias

O mal estado do pantalán da Punta obrigará aos asistentes a desembarcar a través dunh gamela que os deixará no areal. A comisión de festas esepra a participación dun milleiro de fieis

As festas do Carme centrarán as actividades da fin de semana na parroquia de Cesantes. Mañá sábado a tradicional procesión marítima terá a súa orixe na Igrexa de San Pedro ás dez da mañá para embarcar no peirao xunto á lonxa. Estará acompañado pola banda de gaitas A Carballeira de Ourense e o grupo folklórico Airiños de San Simón do centro cultural de Cesantes.
O percorrido marítimo será pola enseada de San Simón con regreso ás 13:30, hora na que a imaxe da Virxe será depositada na ermida da praia.
En lugar de empregar o pantalán da Punta, pechado polo deteriorado aspecto que presenta e que ameaza con derrubarse, os asistentes á procesión deberán desembarcar a través dunha gabarra que os deixará no areal.
A imaxe da Virxe permanecerá na capela ata o domingo, cando ás 18:30 horas saia en procesión terrestre novamente cada a igrexa.
Ademais dos actos relixiosos haberá pasarrúas e verbenas a partir de hoxe coa orquestra A Che e o grupo Alcotán, mañá actuarán as orquestras Solara e Súper Combo e o domingo o grupo América intercalado co humorista Oswaldo Digón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará