Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recupera o servizo do Grumir as 24 horas coa contratación de doce operativos

RR_Noticias

O Grupo de Intervención Rápida volve estar en activo durante todo o día despois de catro meses nos que tan só se atendían as emerxencias en horario de mañá debido á falla de persoal

Doce operarios atenden dende hoxe as emerxencias en Redondela. O servizo funcionará ata finais de ano e traballará conxuntamente con Protección Civil. O Grumir, un servizo especializado en atender emerxencias como incendios ou accidentes de tráfico, comezou hoxe a funcionar novamente logo de que se formalizase o convenio coa Xunta que permite a contratación dos doce traballadores. Nove peóns e tres capataces será os encargados, coordinadamente cos membros de protección civil, de actuar en accidentes de tráfico ou extinguir lumes urbanos ou forestais. Esas son algunhas das intervencións máis frecuentes do servicio do Grumir aínda que os seus operarios actúan en todo tipo de emerxencias. O responsable de protección civil, Antonio Vázquez Saco cualifica de moi necesario o servizo que permite atender a toda a poboación de toda a comarca as 24 horas e reforzar tamén o servizo nas praias. Vázquez Saco lembra que dende hai meses están en negociacións coas administración para que este servicio se prolongue durante os 12 meses do ano, xa que actualmente están condicionado a convenios puntuais co goberno galego. De feito, neste caso os 12 operarios teñen contrato tan só ata decembro

Antonio Vázquez Saco responsable Protección Civil
Doce operarios forman parte do Grumir en Redondela
Vázquez Saco
O servizo estará operativo ata decembro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará