O sinistro produciuse á altura de San Estevo de Negros e obrigou a cortar o vial que comunica o centro da vila con Peinador mentres se realizaban os traballos de limpeza
O accidente producíase na mañá de onte na estrada que comunica Redondela con Peinador á altura da parroquia de Negros. Un camión formigoneira dunha empresa de Vilar envorcou nunha curva e colisionou contra un muro dunha propiedade privada sen ocasionar feridos.
O condutor do camión saíu ileso do accidente que si provocou retención na estrada mentres se realizaban os traballos de limpeza e retirada do vehículo da vía.
Esta é a segunda vez que se produce un sinistro semellante no mesmo punto da vía. Os veciños teñen denunciado en máis dunha ocasión a excesiva velocidade coa que circulan os camións pola estrada a pesar das súas numerosas e pronunciadas curvas.