Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O circo italiano Arturello di Popolo abre o programa do Festival Internacional de Artistas de Rúa

RR_Noticias

Espectáculos chegados dende Colombia, Inglaterra ou Bulgaria son algunhas das propostas que nos deixa o festival na súa décima edición que se vai desenvolver na noite de venres e sábado

A Alameda de Redondela convértese durante dúas noites nun gran escenario polo que van pasar espectáculos variados que inclúen a música, o teatro e as artes circenses.As actuacións arrancarán ás 21:00 horas coa proposta que nos deixa o circo italiano Arturello di popolo, a quen seguirá a performance do inglés Toilet Man.Tamén o vernes poderemos ver a actuación de Teatro del botón ou Los Kikolas así como escoitar a música de arpa que nos propón Marcos Molina.Actuacións paralelas que segundo o organizador do evento, Luis Crespo “pretenden recuperar o espíritu das primeiras edicións”.O sábado o encargado de iniciar o espectáculo será unha performance a cargo de Boby-Ritsary a quen seguirá a representación galega, o teatro Viravolta.Para o fin de festa resérvase o espectáculo do Capitan Maravilla “todo un referente no mundo do teatro de rúa que conta coa improvisación e o xogo co púlico como maior atractivo”. 

Luis Crespo organizador do festival
A edición deste ano recupera o espíritu dos seus inicios
Luis Crespo
O Capitán Maravilla será o encargado de pechar o festival deste ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará