A actividade, orientada a rapaces de idades de entre 4 e 12 anos, desenvolverase no Multiusos da Xunqueira na segunda semana de agosto
A Concellería de Servizos Sociais e igualdade organiza unha xornadas de cociña coa infancia orientada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 os 12 anos. A actividade estará impartida pola cociñeira profesional Elena Argúello e ten como obxectivo iniciar aos rapaces nos bos hábitos da alimentación, con receitas sinxelas e saudables, así como fomentar a igualdade entre nenos e nenas e a importancia de compartir as tarefas do fogar. As xornadas desenvolveranse os días 10, 11 e 12 de agosto para os rapaces que teñan entre 8 e 12 anos. O xoves 13 de agosto tomarán o relevo os cativos de entre 4 e 8 anos. Para participar da actividade é preciso realizar unha inscrición previa chamando ao teléfono 986 40 26 08 ou ben acudindo ás oficinas da Concellería na rúa Isidoro Queimaliños O horario será de 10 a 12 do mediodía no Multiusos da Xunqueira.