O concelleiro delegado de tráfico, Eduardo Reguera comparecerá hoxe no pleno municipal para explicar, a petición do PP qué medidas ten previsto poñer en marcha o goberno local para solucionar os problemas de circulación e aparcamento que segundo a oposición está a sufrir o centro da vila a consecuencias das obras de humanización do Plan E.
Na comparecencia Reguera informará de medidas tales como a prohibición de circular polo casco urbano aos camións que se dirixen cara Amoedo e que agora se desvían por os Valos ou a vía alternativa polo paseo de A Xunqueira e Ernestina Otero para as saídas en dirección a Vigo ou O Porriño.
Unha medidas que para os populares non foron efectivas xa que segundo afirman “Redondela está sumida nun caos circulatorio sen precedentes o que causa graves dificultades ao comercio local”.
A comparecencia producirase no pleno ordinario do mes de xullo que dará comezo ás 20:30 horas de hoxe mércores e no que tamén se abordará a nova situación de Hormigones Vigo quen debe acatar unha orde do xulgado que obriga a esta empresa a paralizar a súa actividades en horario nocturno, dende as 22:00 horas ata as 8 da mañá.