Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP pide unha modificación na rotonda de Rande e o goberno local os tacha de irresponsables

RR_Noticias

A rotonda que o Ministerio de Fomento está a realizar na N-552 ao seu paso por Rande foi motivo dun novo enfrontamento entre o goberno local e o PP. A polémica afecta ao Camiño das Pedriñas, un vial que empregan máis dun cento de familias para acceder ás súas vivendas.

O PP asegura que a falla de conexión deste viario coa rotonda obriga aos seus usuarios a realizar unha perigosa manobra de xiro “que era precisamente o que se pretendía evitar coa execución da obra”. Non obstante, apuntan que esta falla de conexión non se coñeceu ata que comezaron os traballos de construción, pois en ningún momento existiu exposición pública do proxecto ao considerarse innecesaria debido a que obra era evidente e precisa para garantir a seguridade viaria. Os populares aseguran que bastaría unha pequena modificación para solucionar o problema. De feito o edil popular, Alberto Pazos afirma que “a modificación é posible, viable e barata”. Unha afirmación que dende o BNG tacharon de “irresponsable”. O edil nacionalista Carlos Pazos asegurou que os populares están a crear alarma “onde non a hai” xa que o proxecto da resposta ás demandas dos veciños, quen reclamaban un grupo semafórico “que se vai instalar”. No mesmo sentido se manifestou Emilio González Iglesias, quen engadiu que conectar o Camiño das Pedriñas directamente coa rotonda obrigaría a modificar o lugar no que esta rotónda está ubicada e a expropiar 8 casas. Lonxe da polémica estaba o concelleiro do Partido galeguista, Alejandro Bastos, quen non se cansou de repetir no pleno municipal celebrado o pasado mércores que “ver o inicio desa obra foi un dos momentos máis felices da súa vida”. 

Alberto Pazos PP
Os populares piden unha modificación nos accesos á rotonda de Rande
Carlos Pazos BNG
Os nacionalistas falan de irresponsabilidade política do PP
Emilio González iglesias PSOE
O edil de urbanismo asegura que para dar acceso directo ao Camiño das Pedriñas habería que expropiar 8 vivendas
Alejandro Bastos PG
O Partido Galeguista móstrase encantado coa rotonda de Rande

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará