Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O sábado a Plataforma contra a autovía organiza unha xornada reivindicativa

RR_Noticias

Unha ruta polas zonas afectadas polo AVE, un xantar popular, a proxección dun documental e unha conferencian centrarán a xornada que organizan a Plataforma contra a Autovía Vigo-Pontevedra este sábado oito de agosto.

Os afectados pola autovía A-57 entre Vigo e Pontevedra continúan os actos reivindicativos cos que queren manifestar o seu rexeitamento a construcción desta autovía e outras infraestructuras que se están a realizar en Redondela. O sábado, día oito, organizan unha xornada de repulsa e concienciación cunha ruta polas zonas afectadas polas obras do Tren de Alta Velocidade que partirá ás 10.00 da mañá da Praza da Farola.
 
A xornada continuará cun xantar popular ás 14.00 no que cada quen deberá levar a súa comida e pola tarde os actos centraranse na casa da Cultura coa proxección do documental “O AVE, de Barcelona a Galicia”, no que se recollen as testemuñas de varios afectados polas obras do tren de alta velocidade en varios municipios de Barcelona como Sants. Despois da proxección haberá unha conferencia que impartirá Fabián Estevez baixa o título de “A Intervención do Lar na loita contra as autopistas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará