Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela é a oitava cidade galega que máis vivenda pública demanda

RR_Noticias

Ata o cinco de agosto deste ano a Consellería de Medio Ambiente ten rexistradas máis de 1.700 solicitudes de redondeláns para adquirir unha vivenda pública pero no que vai de ano os arquitectos só visaron 294 vivendas para toda Galicia.

Redondela ocupa a oitava posición en demanda de vivenda pública. Por diante só atopamos as cidades de Vigo, A Coruña, Santiago, Oleiros, Culleredo, Pontevedra e Cambre. A comezos deste mes de agosto o Rexistro de Demandantes de Vivenda Pública contabilizaba 1.725 solicitudes de veciños de Redondela.
 
En toda Galicia o número de persoas que agarda por unha vivenda pública suman en total 30.352. O municipio que encabeza a lista con maior demanda é Vigo, onde 10.181 persoas buscan un piso de protección oficial e outras 1.226 apuntáronse no rexistro de pisos de promoción. Uns datos que aporta o Rexistro de Demandantes de Vivenda Pública que creou hai dous anos o goberno do bipartito para obter os datos exactos das necesidades de pisos nos distintos municipios galegos e garantir a transparencia na adxudicación destes inmobles.
 
Se a tendencia no que resta de ano segue a ser a mesma que ata o momento as perspectivas non son moi alentadoras xa que nestes sete primeiros meses os arquitectos só visaron 294 novos pisos protexidos o que supón case a sexta parte do que demandan só os veciños de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará