Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma contra a Autovía fomenta o debate sobre as obras do AVE cunha xornada reivindicativa

RR_Noticias

Os membros da plataforma consideran que non se está a xerar o debate social que debera en torno ás obras do tren de alta velocidade que van ter importantes prexuízos para Redondela.

A Plataforma Cidadá xunto ao Centro Social A Revolta de Vigo organizan este sábado, oito de agosto, unha Xornada en Defensa do Territorio, coa que pretenden concienciar a poboación sobre os efectos da chegada do AVE a Redondela así como manifestar a súa solidariedade cos habitantes de San Estevo de Negros, unha das parroquias máis afectadas.   A xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruta que partirá da Praza da Farola e percorrerá algunhas das zonas afectadas polas obras do tren de alta velocidade como é o caso de O Canudo, en San Paio de Abaixo, As Cabirtas, en San Paio de Arriba. Logo dirixirse cara a Costeira na parroquia de Quintela, cruzarán o río Maceiras e bordearán as obras do túnel do Val do Maceiras para rematar en San Estevo de Negros onde se vai celebrar un xantar popular, ao cada quen deberá levar a comida. Pola tarde os actos continúan na Casa da Cultura coa proxección do documental “O AVE, de Barcelona a Galicia” que recolle os testemuños de varias persoas afectadas polas obras en distintos barrios barceloneses, entre eles o de Sants. Despois Fabián Estevez, veciño de Vilaboa que participou na oposición contra a construción da AP-9, impartirá unha conferencia baixo o título a “Intervención do Lar na loita contra as autopistas”.  Un encontro no que a Plataforma Cidadá Contra a Autovía e a Asociación A Revolta intercambiará impresións cos veciños así como iniciativas para poder mellorar a situación que están a vivir os afectados polas obras de construcción do tren de alta velocidade.      

Víctor Fuentes Plataforma contra a Autovía
As xornadas comezarán cunha ruta polas zonas afectadas haberá un xantar popular a proxección dun documental e unha conferencia.
Víctor Fuentes Plataforma contra a Autovía
O obxectivo da xornada é concienciar a xente dos efectos do AVE en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará