Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello apoia o traballo da Mesa pola Normalización Lingüística

RR_Noticias

O martes o goberno local renovaba o convenio de colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística ata o 31 de decembro, cun orzamento de 3.000 euros.

Amosar o apoio do concello ó labor de normalización lingüística que está a desenvolver a Mesa, non só en Redondela senón en toda Galicia e o fin básico da renovación deste convenio polo cal a Mesa comprométese a colaborar no proceso de normalización lingüística de Redondela, realizando tarefas de asesoramento, subministrando información sobre iniciativas de dinamización e campañas propias. Pola súa banda a administración local achega 3.000 euros en concepto de socio colaborador. Un acordo que o Tenente de Alcalde, Carlos Pazos, cualificou de fundamental, polo momento que está a vivir a nosa lingua, na que o goberno da Xunta está desenvolvendo unha oposición frontal ao galego. A importancia do apoio dos concellos e das asociacións e colectivos tamén foi destacada pola secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, Iria Taibo, quen afirmou que sen o apoio das institucións a Mesa non podería seguir traballando na normalización da nosa lingua. Escoitamos a Iria Taibo. A Secretaria Xeral desta asociación aproveitou a oportunidade para esixirlle a Administración e aos medios de comunicación un trato igualitario para todas as asociacións en referencia as peticións feitas á Mesa para que dea conta do seu financiamento. Taibo lembrou que non se lle está a requirir os mesmos datos a outros colectivos como Galicia Bilingüe.  

Carlos Pazos Tenente de Alcalde
Pazos critica a postura do goberno da Xunta en canto a lingua e apoia o labor que realiza a Mesa pola Normalización Lingüística.
Iria Taibo Secretaria Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística.
Taibo recoñece que o apoio dos concellos e asociaións é fundamental para conseguir a normalización do galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará