Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Delegada Provincial en Vigo promociona o Camiño Portugués pola Costa en Redondela

RR_Noticias

Lucía Morales percorreu o último tramo deste camiño entre Teis e Redondela cun grupo de rapaces de distintas nacionalidades.

A Delegada da Xunta en Vigo, Lucía Morales, animou á poboación a que faga o camiño de Santiago pola Costa, unha ruta que recomendou pola súa beleza paisaxística e pola facilidade do traxecto, que pode ser percorrido por persoas de calquera idade. Desde xeito a delegada da Xunta quixo promocionar esta senda que remata de ser considerada como oficial polo Goberno de Alberto Núñez Feijoo. Deste xeito cúmprese unha das demandas dos alcaldes das rexións costeiras de Vigo que viñan solicitando que se incluíra na programación do Xacobeo 2010 este novo camiño que nace en Tui e chega a Redondela pasando por distintos municipios do litoral como Baiona, Nigrán en Vigo. Este recoñecemento por parte do Goberno da Xunta permitirá que estes concellos pasen a formar par dos actos oficias do Camiño de Santiago o que supón un importante atractivo turístico e económico. O percorrido rematou no centro sociocomunitario de Redondela, onde Lucía Morales, acompañada pola voceira do partido Popular local, Francisca Canal, asegurou que este é tan só o primeiro paso de promoción desta nova ruta. A popular acompañou a un grupo de rapaces de distintas partes de Europa no último tramo do seu camiño. A promoción desta nova ruta intensificarase durante o 2010, Ano Xacobeo.  

Lucía Morales Delegada Provincial en Vigo.
Morales destaca a beleza desta nova ruta do Camiño Portugués así como a accesibilidade do trazado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará