Os locais clasificáronse en segundo lugar na regata de traiñeiras que se disputou na mañá do sábado na parroquia de Chapela
Os remeiros do club grovense Mecos acadaron a vitoria na XXIII bandeira Concello de Redondela que o pasado sábado se celebrou en Chapela. Trátase da segunda vitoria consecutiva de Mecos despois do seu triunfo na bandeira Teresa Herrera Unha competición organizada polo club de remo da parroquia na que participaron catorce equipos de toda Galicia e onde se repartiron seis mil euros en premios. O delegado do Chapela, Fernando Collazo asumía deportivamente a superioridade que os homes do Mecos están a demostrar esta tempada aína que se mostraba optimista de cara a futuros triunfos do equipo redondelá Onte domingo os locais desprazáronse a Oleiros onde se disputou tamén unha proba puntuable para a liga galega de traiñeiras, a XXV bandeira de Oleiros e na que, contra todo pronóstico, proclamáronse vencedores os remeiros de Amegrove. Os de Chapela non acadaron un bo resultado pero con todo seguen nos primeiros postos da clasificación xeral. Concretamente son cuartos con 135 puntos, a dez dos primeiros clasificados o Cabo de Cruz. Tamén por diante dos locais atopamos ao Náutico de Vigo e ao club Mecos.