Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous veciños de Chapela, presuntos autores de dous roubos con intimidación en entidades bancarias

RR_Noticias

Trátase dun pai e un fillo que terían cometido un atraco nunha entdiade bancaria da parroquia Redondela o pasado 7 de agosto. Anteriormente xa roubaran nun banco de Matamá

Axentes da policía nacional detiveron a F.M.L. de 45 anos de idades e I.M.P. de 21 anos de idades ambos veciños de Chapela como presuntos autores de dous roubos con intimidación en Matamá e Chapela.
O primeiro dos sucesos tivo lugar o 29 de abril nunha entidade bancaria en Matamá cando os agora detido accederon ao interior do banco armados con pistolas e apoderáronse dunha importante cantidade de diñeiro e dun turismo.
O último dos atracos cometidos pola parella tivo lugar o 7 de agosto nunha entidade bancaria de Chapela, utilizando nesta ocasión un coitelo de grandes dimensión e unha pistola para intimidar aos empregados do banco. Na súa fuxida empregaron un vehículo que posteriormente foi localizado pola Unidade de delincuencia especializada da policía xudicial o que facilitou a detención do seu titular e do seu fillo quen pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número seis de Vigo acusados de dous roubos con intimidación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará