Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música folk de Os Carunchos regresa ao Viso na Noite da Lúa Meiga

RR_Noticias

Xa está todo preparado para un fin de semana de festa e música tradicional no Monte Outerio grande onde actuarán a partir das 22:30 horas os grupos Os Carunchos, Ardentía e o grupo de gaitas Aluarado. O domingo o festival inclúe unha subida de chimpíns, un xantar popular e xogos para grandes e cativos

O festival da Lúa meiga arranca mañá ás 22:30 horas coas actuacións musicais do grupo de gaitas Aluarado, Ardentía e Os Carunchos ademais da intervención do home orquestra Ce Orquestra Pantasma. Para facilitar o acceso do público ao recinto da festa dende as nove da notie e ata as catro da madrugada haberá un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá a parroquia de O Viso. O obxectivo do festival, que se iniciara sete anos atrás, é promover e divulgar a música tradicional e folk segundo nos explicaba dende a organización Xosé Covelo Ademais de música o festival inclúe na xornada do domingo un sesión vermú amenizada polos grupos Asubíos de Portocedeira e Airiños de San Simón, un xantar popular e xogos tradicionais para grandes e cativos. Como novidade nesta edición celebrarase unha “subida de Meighachimpíns”, e que persegue que todos os que así o desexen suban ao monte en chimpíns decorados para a ocasión.

Xosé Covelo
O festival procura a promoción da música folk

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará