Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cuarto posto para o club de remo de Chapela na liga galega de traiñeiras

RR_Noticias

A última das probas disputadas na xornada de onte foi para os remeiros do Club Náutico de Vigo, que acadaron o segundo posto da clasificación xeral mentres que os homes do Cabo de Cruz celebraban a súa victoria  

O porto de Vigo acolleu na mañá de onte a celebración da XVII bandeira Concello de Vigo. Precisamente foron os vigueses do Club Náutico os que se fixeron coa victoria na proba o que lles serviu para conquistar o segundo posto na clasificación xeral, encabezada polos boirenses de Cabo de Cruz.
Os vigueses impuxeron un ritmo rápido que tanto Mecos como Chapela tentaron seguir, sen conseguir superar aos do Náutico.
Aínda que non quinto posto, os de Cabo de Cruz conseguiron sumar os 10 puntos que necesitaban para proclamarse vencedores da Liga Galega cun total de 181 puntos, seguido do Náutico con 174.
Mecos e Chapela finalizan a tempada empatados a puntos, pero son os de O Grove os que se sitúan en terceiro posto por ter acadado máis bandeiras ao longo da tempada, o que relega ao cuarto posto aos de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará