O circo tradicional ofrece esta tarde unha nova sesión ás 20:30 horas. Un espectáculo que recupera os números de artista que foron sobrevivindo ao longo dos anos
Acróbatas, pallasos, magos, espectáculos de malabares e moita interactividade é o que prometen os artistas do circo Dupy que estes día está en Cesantes no campo do cura. Logo de visitar Arcade e antes de levantar a carpa e trasladarse a Amoedo, o circo ofrecerá hoxe unha última función na parroquia redondelá ás 20:30 horas. Un espectáculo tradicional para tódalas idades, dende nenos de 3 anos ata avós de 99, a través do cal pretender entreter e recuperar os números que foron sobrevivindo ao longo do tempo. Un dos artistas do circo Dupy, afirma que está a desaparecer o circo de animais en favor do máis tradicional onde se recupera como figura principal a do artista circense.Un espectáculo que está a sufrir tamén os efectos da crise, xa que este verán foron menos os que se animaron a pagar a entrada que oscila entre os 5 e os 7 euros Hoxe as 20:30 actúan en Cesantes, unha última función antes de desprazar o espectáculo a Amoedo.