As obras de remodelación na Bomboneira impiden celebrar o encontro na pavillón redondelán. O gañador no partido de hoxe enfrontarase ao Canario Catering en semifinais
O pavillón de A Montesiña acolle hoxe mércores día 2 o partido de balonmán que enfrontará a Peguform Sar co Octavio Pilotes Posada. O encontro que se corresponde aos cuartos de final da copa Xunta de Galicia comezará ás 20:30.
O motivo de disputarse este partido en Soutomaior son as obras de remodelación que está a sufrir o pavillón redondelán.
As semifinais da copa da xunta xóganse o venres a partir das 18:30 horas no Porriño, o gañador de hoxe medirase co Canario Cathering o que nos deixaría un derbi moi atractivo no caso de que o vencedor de hoxe fose a SAR.
A outra semifinal, tamén o venres ás 20:30 horas disputarana o Frigoríficos do Morrazo e o teucro.