Finalmente no haberá derbi e o Canario Cathering enfrontrase ao Octavio na primeira das semifinais que se celebrará mañá no pavillón de O Porriño
O Octavio Pilotes Posada asegurouse onte a praza para disputar a semifinal da Copa Xunta de Galicia ao derrotar no pavillón de Soutomaior á Peguform Sar. Unha contundente vitoria de 24-34 que deixou constancia do poderío dos vigueses que militan na Liga Asobal.
Mañá venres disputaranse no pavillóns de o Porriño as semifinais da Copa. O primeiro dos encontros terá como protagonista a un equipo redondelán: o Canario Caterin xogará contra o Pilotes Posada. A segunda das eliminatorias enfrontará á Sociedade Deportiva Teucro e o Frigoríficos do Morrazo.
E precisamente son os verdugos da SAR os que parten como favoritos, xa que as quinielas apuntan a unha posible vitoria do Pilotes.