Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte grupos subiranse ao escenario no Lixo Rock

RR_Noticias

Tok, Sleeping luck ou Belop son algunhas das agrupacións que xa teñen confirmada a súa presenza no festiva que se celebra a partir das 21:00 horas de mañá na feira do gando de Redondela.

A música rock servirá un ano máis para despedir o verán, e van xa quince dende que se celebrara a primeria edición organizada polo colectivo Josefá. Dende hai anos o relevo no Lixo rock tomárono Toti Casal e Pedro Pérez, quen se encargan de ter todo a punto para que a festa arranque as nove da noite de mañá venres. A filosofía do festival segue a ser a mesma que nos seus inicios: un escenario a onde se subirán todos os que o desexen para interpretar temas musicais. Ao longo da noite escoitaranse diferentes estilos e instrumentos, versións de grandes clásicos que se mesturarán con temas propios. Unha jam sessión onde actuarán dende espontáneos a bandas xa formadas ou músicos afeccionados e sobre todo, moita improvisación. Entre os que xa confirmaron a súa participación atopamos a bandas como Tok, Belop, Sleeping Luck ou Os Croquetas, rock and roll polo tanto mañá venres dende as nove da noite e ata que o corpo aguante na feira do gando.

Toti Casal
O rock será o estilo protagonista na cita musical do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará