O corte producirase mañá martes desde as 9.00 ata as 10.00 horas e afectará as rúas Pai Crespo, Prego de Montao, a Praza de Ponteareas, O Muro, Canaval-Vilavella e Rabadeira.
As obras de mellora da rede de abastecemento que se están a realizar na Rúa Pai Crespo abrigarán mañá, martes oito de setembro, a cortar o subministro de auga en seis rúas do centro urbano de Redondela, segundo vén de informar Aqualia. Durante unha hora, desde as 9.00 ata as 10.00 horas, os establecementos e vivendas situadas nas rúas Pai Crespo, Prego de Móntao, a Praza de Ponteareas, O Muro, Canaval-Vilavella e Rabadeira quedarán sen auga. Durante a xornada de hoxe a empresa pegará carteis nas rúas e edificios afectados para informar aos veciños do corte.