Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O consumo responsable e un modelo de mobilidade público centran os obradoiros da Foliada 2009

RR_Noticias

A construción de xoguetes, con refugallo e obxectos da natureza, a elaboración de pancartas, murais e cruces reivindicativas serán algunhas das actividades que nos ofrecerá o venres e o sábado o encontro cultural entre Galicia e Cataluña que se celebra este ano en Redondela    

Co obxectivo de desvincular o consumo do ocio e de que a xente reflexione sobre a importancia de realizar un consumo responsable o programa da Foliada inclúe varios obradoiros relacionados con esta temática. Desde os máis cativos ata os que xa non o son tanto poderán aprender a facer xoguetes con refugallos e material reciclado, como cartóns de leite, latas de bebidas ou rolos de papel pero tamén con materias naturais que podemos atopar nos nosos montes, e que despois poderán realizar nas súas casas. Uns obradoiros que, se celebrará o sábado, 12 de setembro, a partir das 17.30 horas no Campo da Feira e que pretenden desvincular o consumo como sinónimo de felicidade e amosarlle a sociedade que moitas das cousas que temos nos nosos fogares podemos prescindir delas ou facelas nos mesmos, como é o caso do xabón, que será o protagonista do obradoiro que se celebrará o venres a partir das 17.30 horas no recinto feiral. O outro eixe vertebrador deste encontro cultural entre Galicia e Cataluña é a mobilidade. A aposta por un modelo de transporte sustentable que se fundamente no transporte público será outro dos temas que se abordarán nas actividades do programa. No obradoiro de pancartas e cruces reivindicativas os asistentes poderán plasmar as súas queixas, reivindicacións e demandas con respecto ao modelo de transporte que se fomenta desde as Administracións. Tamén se elaborará un mural xigante entre todos os asistentes sobre unha temática que será escollida conxuntamente por todos os que participen. O obradoiro de pancartas e o taller de cruces reivindicativas desenvolverase o venres a partir das 17 horas. O mural comezará a pintarse o venres a partir das 17.30 horas na Casa do Mar.    

Salomé obradoiros consumo.
Aprender a facer xabón e xoguetes con material de refugallo e natural son algúns dos obradoiros que nos ofrece o programa da Foliada.
Belén obradoiros mobilidade.
Fomentar un modelo de tranposte público eficiente é un dos modelos dos obradoiros de pancartas e cruces reivindicativas así como o mural que se van a realizar entre o venres e o sábado 11 e 12 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará