Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As remeiras de Chapela piden apoio económico

RR_Noticias

Despois de facer unha moi boa temporada converténdose nas campionas de Bateis e Traiñeiras a nivel autonómico e estatal e de revalidar a súa vitoria en San Sebastián, as remeiras do Club de Chapela están pensando nun ano de descanso.

Oito anos de adestramento tiveron a súa mellor recompensa esta tempora para as mozas do club de Remo de Chapela. Despois de conseguir imporse nos Campionatos Nacional e Autonómico de Bateis e Traiñeiras, o pasado sábado conseguían, por segundo ano consecutivo, facerse coa Bandeira da Concha. Xunto ás remeiras de Cabo de Cruz e Samertolomeu as redondeláns cruzaron a liña de chegada as primeiras cun tempo de 10 minutos 48 segundos e 11 centésimas. Malia non estar acostumadas a remar en mar aberto e nas augas da praia da Concha, as redondeláns conseguiron imporse ás remeiras de Astilleros, Tolosa -Getaria e a embarcación de Zumaia. Uns primeiros postos que agochan moitas horas de traballo que segundo apuntan cada vez se ve mais recompensadas polo apoio que lle prestan os seus seguidores e as administracións, pero sinalan que non é suficiente, xa que por moitas horas de adestramento que fagan son precisos cartos para continuar colleitando máis títulos. Despois dun ano sen descanso as participantes redondeláns na proba de Donosti están pensando en tomarse un tempo de descanso. Un ano sabático, en canto ao deportivo, para poder recuperar forzas e facer todo o que fan os mozos da súa idade, e que se viron privadas durante estes doce meses a causa do adestramento e as competicións.

Remeiras últimas vitorias
As remeiras do Clube de Chapela que participaron na Bandeira da Concha fan balance da última temporada.
Remeiras financiamento económico.
As remeiras aseguran que precisan maior financiamento económico para poder seguir adestrando e competindo.
Remeiras ano descanso
Despois de un ano participando en competicións sen descansar estas deportistas pensan en tomarse un ano de descanso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará