Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP leva ao congreso as demandas dos veciños afectados polas obras do AVE

RR_Noticias

Os deputados populares presentarán unha proposición non de lei para esixir que se cumpran as medidas previstas na Declaración de Impacto Ambiental. Denuncian que o incumprimento reiterado destas normas está a provocar serios problemas de saúde, riscos para a seguridade vial e numerosas molestias a causa dos ruídos e das vibracións das tuneladoras en horario nocturno
 

Os deputados do PP por Pontevedra, Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca, logo de reunirse a semana pasada cos colectivos veciñais da zona e comprobar a grave situación que padecen no Val do Maceiras, aseguraron que presentarán unha proposición non de lei no Congreso, na que se recollen os serios problemas de saúde que os veciños de Negros están a sufrir dende inicios das obras do tren de Alta Velocidade a comezos de 2008.
Efectos como ruídos e vibracións que provocan as tuneladoras durante a noite e que impiden aos residentes nas vivendas da zona conciliar o sono e alerxias e afeccións respiratorias causadas polas emisións contaminantes. Así mesmo, denuncian tamén que se están a imcumprir as normas de protección de acuíferos -co conseguinte perigo de contaminación e danos ao río Maceiras, recoñecido como un espazo de “gran vulnerabilidade”- e que a colocación inadecuada de barreiras metálicas na N-555 resta visibilidade aos condutores que por ela transitan, provocando un “perigo evidente para a seguridade vial”.
Por iso, instan ao Goberno central a que cree unha Comisión de Seguimento que poña freo á actual situación e garanta o cumprimento estricto das condicións establecidas para minimizar o impacto ambiental das obras, tendo especialmente en conta a protección da saúde e da calidade de vida dos veciños de Negros, a seguridade vial e o control da emisión de contaminantes.
Así mesmo, reclaman a elaboración inmediata dun plan de seguridade que permita que os traballos se desenvolvan con normalidade e causando o menor dano posible.
Dende o PP local, a súa voceira Francisca Canal, critica a “pasividade do goberno local” a quen acusa de crear unha comisión política, “sen interese nin capacidade” para dar resposta as demandas veciñais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará