Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños Reboreda piden que se conserve o vial de servizo das obras do AVE

RR_Noticias

O concello estuda conservar a vía, actualmente empregada polos vehículos que traballan nas obras, por entender que desconxestionaría a zona da Canteira

O concello estuda conservar o vial que une a estrada de Amoedo coa zona do Canudo para desconxestionar a estrada da Canteira. Actualmente esta vía emprégana exclusivamente os vehículos que traballan nas obras do AAVE na zona de Reboreda.
Os veciños trasladaron ao goberno local a súa petición de manter aberto este camiño unha vez rematen os traballos por entender que proporcionará unha mellor vía de comunicación na zona. Piden ademais que se “constrúa unha rotonda que dea acceso a este vial e ao que se unirá a estrada de Amoedo cos Eidos”.
O alcalde de Redondela, Xaime Rei visitaba na mañá de hoxe o lugar onde se están a desenvolver os traballos do AVE en Reboreda para coñecer “in situ” a petición dos veciños. Entende que a solicitude é positiva “xa que o vial está aberto agora para uso dos camións que traballan nas obras do AVE e despois, unha vez rematadas, desconxestionaría a zona da Canteira”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará