O torreiro do Monte da Gándara en Tuimil acolle a partir das 15:00 horas do sábado unha xornada de xincanas musicais e xogos como o zanco ou o aro
A Asociación Cultural Santa María do Viso organiza para este sábado 26 de setembro a partir das 5 da tarde unha tarde de xogos para os rapaces da comarca. Unha alternativa dinámica de ocio baseada na participación, recuperación de tradicións e no xogo en equipo onde os nenos gozaran con xogos tradicionais, como os zancos ou o aro e participarán en xincanas musicais. Ó final da sesión haberá unha merendola para os participantes e diversos agasallos.
Esta actividade celebrarase no Torreiro do Monte da Gándara (Tuimil – O Viso, xunto o campo de futbol). No caso de choiva pasarase a celebrar na Sociedade de Agricultores á mesma hora.
Esta actividade está incluida no programa de dinamización sociocultural da parroquia do Viso promovido pola Asociación Cultural Santa María do Viso e denominado “Parroquias Vivas 2009”, co que se pretende proporcionar actividades de lecer e culturais a todos os veciños e veciñas do Viso, buscando a descentralización da cultura e actividades de ocio cara as parroquias.