Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Francisca Canal acusa ao concello de manipular á Coral Alvedosa

RR_Noticias

A edil popular e directora do centro da terceira idade asegura que o goberno local está detrás da polémica que mantén coa formación musical. Lembramos que a Coral Alvedosa acusara a Canal de negarlle a entrada á sala de ensaio do Centro e no que levan 20 anos ensaiando
 

 
Francisca Canal, directora do Centro Socio-Comunitario de Redondela e presidenta do grupo municipal do Partido Popular , acusa ao goberno local de estar detrás do enfrontamento que mantén coa Asociación Coral Alvedosa.
A convocatoria por parte do concello dunha comisión informativa extraordinaria o pasado venres no que se abordou como único punto a petición da Asociación Coral Alvedosa en relación a un local de ensaio no Centro da terceira idade de Redondela sería segundo a edil, a proba que demostra que o goberno municipal está a manipular á agrupación musical.
Segundo Canal  “con esta acción queda máis que patente que todo estaba manexado dende o Concello en convivencia co director da coral, Jesús Martínez Álvarez…, estiveron manipulando todos os fíos e agora saíron á luz polo seu propio pé”.
A voceira do PP acusa a PSOE e BNG de politizar o tema e meterse en “asuntos que non son da súa competencia”. Critica ademais que agora se impliquen nesta cuestión cando “nunca fixeron nada polos maiores do municipio, xa que a residencia da terceira idade e centro de día programado para Cesantes segue sendo fume e non unha realidade, como debería selo cando o anunciaron no súa campaña electoral”.
Engade que o concello nunca aportou nada para o benestar e ocio deste grupo de poboación, mentres que o Centro Socio-Comunitario alberga unhas 500 persoas ao mes que participan nas diferentes actividades organizadas pola dirección, mellorando día a día as súas instalacións co último fin de acadar a satisfacción máxima dos seus usuarios. Recoñece ademais que entre os socios dese centro atopamos á maioría dos integrantes da coral.
Con todo, Francisca Canal responsabiliza á propia coral de crear a polémica por rexeitas ensaias noutro local mentres se realizan obras no centro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará