Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acto de conciliación entre a Asociación Val do Maceiras e as empresas do AVE

RR_Noticias

As dez da mañá ambas as partes están convocadas no Xulgado de Redondela polas denuncias dos veciños contra a concesionaria das obras, a quen acusan de provocar diversos prexuizos na zona

As dez da mañá de hoxe celébrase no xulgado de Redondela o acto de conciliación solicitado pola Asociación de afectados do AVE Val do Maceiras coas empresas adxudicatarias das obras do tren de alta velocidade. No acto xudicial, os veciños demandan das empresas respostas e solucións ás diversas molestias e desperfectos que os traballos están a causar na zona de Santo Estevo de Negros como ruidos, po, vibracións, seca de mananciais e pozos, contaminación lumínica, vertidos ilegais ao río Maceiras e incremento do tráfico pesado na estrada que comunica Redondela con Peinador. Prexuízos que segundo denuncian se traduce nun empeoramento da saúde dos veciños e un grave risco para os viandantes da estrada nacional 555. A asociación de afectados entende que dependendo do grao de acordo que saia deste acto se acordarán os novos pasos a seguir por parte do colectivo.

Marcos Expósito asociación Val do Maceiras
Acto de conciliación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará