Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Negros celebra a XIV edición da festa da mazá

RR_Noticias

Por primeira vez a persoa encargada de ler o pregón será unha muller, a actriz da TVG María Mera. Os organizadores esperan recibir a máis de 2000 comensais que poderán degustar pratos variados a prezos populares

Con mazás recollidas na parroquia elabóranse os pratos que este domingo poderán degustarse en Santo Estevo de Negros. A prezos populares repartiranse entre os asistentes centos de racións de bacallao con mazá, chourizo á sidra, empanada de bacallao e repostería variada. Ademais para acompañar haberá mosto, sidra e augardente de mazá. Un ano marcado polas poucas precipitacións e as obras do AVE o que se traduce en menos cantidade de mazás e as que se colleitaron de menor tamaño. Con todo, a colaboración dos veciños é imprescindible xa que todas os froitos que se empregan na elaboración dos pratos son das maceiras da parroquia que os seus propietarios ceden gratuitamente. A festa contará coa música do grupo peruano Macchu Picchu e o grupo de gaitas Sons do Castro e xa pola tarde haberá tempo para as risas co humorista Lorenzo de Arcade quen actuará as 18:00 horas. A continuación a festa continuará co Trío Sevilla e o DJ Alberto

José Antonio Crespo
Pratos variados a prezos populares
Laura Posada
As poucas chuvias deminuiron a calidade e cantidade da colleita

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará