O popular cociñeiro presentador do programa da TVG “larpeiros” presenta esta tarde ás 20:00 horas no Círculo Recreativo de Chapela o seu libro “A Cociña de larpeiros” no que se inclúen un total de 150 receitas.
No libro, editado por Galaxia, o cociñeiro de Chapela recolle receitas da cociña tradicional galega pero tamén pratos de fora do pais. O factor común a todas elas é que son receitas sinxelas realizadas con produtos que se poden atopar en calquera supermercado.
Como bo redondelán atopamos tamén pratos típicos do noso concello como os chocos na súa tinta con arroz.
Benigno Campos estará acompañado na presentación de esta tarde polo xornalista Tomás Alonso, presentador da televisión galega e colaborador do programa. A entrada é libre.