Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP amosa a súa incredulidade ante as palabras do Ministro de Fomento sobre a A-57

RR_Noticias

José Blanco aseguroulles aos veciños de O Viso descoñecer o grao de malestar que o trazado de coñexión da A-57 co aeroporto de Peinador estaba a causar entre a cidadanía. Culpan de este descoñecemento ao goberno local.  

O PP local critica á Xaime Rei por non trasladar os Ministro de Fomento o malestar existente en Redondela polo trazado da conexión A-57 con Peinador. José Blanco aseguroulles aos veciños de o Viso, nunha reunión mantida hai unha semana, que descoñecía o motivo das mobilizacións contra esta autovía, algo que os populares consideran “inaudito” e responsabilizan dese descoñecemento ao rexedor local. Afirman dende o PP que en innumerables ocasión se dirixiron ao goberno local solicitándolle a mediación entre afectados e Fomento, que se presentaron máis de 4.000 alegación ao proxecto, convocáronse manifestación polo que “soa a burla” que o Ministro lles diga aos veciños que non coñece o malestar existente no Concello. O partido popular engade que ou ben o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez e o alcalde de Redondela Xaime Rei menten, ou ben o Ministro está a enganar aos posibles afectados polo trazado da autovía. Afirman que é intolerable que despois de dous anos de manifestacións o Ministerio de Fomento non coñeza minimamente os argumentos veciñais contra esta infraestrutura e mostran a súa incredulidade por esta información, “tendo en contra que pouco antes do verán o secretario xeral dos socialistas galegos anunciara en Redondela que se ían acelerar os trámites para adiantar a execución da alternativa 5”.

AVV O Regueiro O Viso
O MInistro comunicoulle á presidenta do colectivo veciñal Mª José Acevedo o seu descoñecemento sobre o malestar que o trazado da autovía estaba a xerar na cidadanía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará