Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A Partida” de Saúl Rivas González gañadora do X Certame de Relatos Curtos os Viaductos

RR_Noticias

O segundo premio foi para Andrea Maceiras Lafuente, de Cambre, pola súa obra “Cando foi a última vez que sentiu fame de verdade?”. Os premios será entregados este sábado ás 18.00 horas no Convento de Vilavella.

A obra “A Partida” do santiagués Saúl Rivas González foi a escollida como gañadora da
X Edición do Certame de relatos Curtos Os Viaductos, que organiza a Concellería de Xuventude. A obra, seleccionada entre os cincuenta orixinais que participaron este ano no concurso, será premiada con 1.202,02 euros. O segundo posto foi para a coruñesa Andrea Maceiras Lafuente pola súa obra “Cando foi a última vez que sentiu fame de verdade?. Esta moza de Cambre recibirá como premio 601,01 euros. Ademais destes dous relatos curtos, a Concellería de Xuventude concedeu un accésit  a María Xosé Castelo Lestón, veciña de Culleredo, pola obra “Adagio, mais non molto”, que recibirá como galardón a publicación da súa obra. A entrega de premios celebrarase mañá sábado a partir das 18.00 horas no Convento de Vilavella.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará