A exposición “Novos Horizonstes” pódese vitiar na Casa da Torre ata o vindeiro 8 de novembro. O artista expón os seus óleos onde mestura estilos que van dende o surrealismo á figuración
A sala de exposición da Casa da Torre acolle ata o vindeiro 8 de novembro a obra do pintor vigués José Luis Sans nunha mostra que leva por título “novos horizontes”. Uns cadros nos que destaca a variedade da temática e a cor, que van dende o surrealismo ata a arte figurativa. Un artista que leva anos dedicando o seu tempo e esforzo á pintar e que recoñece que aínda que o mercado da arte está permanentemente en crise, na actualidade aínda é máis difícil vender unha obra pola situación económica que atravesamos.