A Policía Nacional detivo na tarde de onte a J.M.G. de vintecinco anos de idade como presunto autor dun delicto de roubo con forza no interior dun vehículo. Na actuación policial recuperáronse dous radio-cds
Axentes da Policía Nacional detiveron na tarde de onte no paseo Pexegueiro a J.M.G, de 25 anos de idade e veciño da localidade como presunto autor dun roubo no interior dun vehículo que se atopaba estacionado no Campo da Feira o pasado 23 de setembro. O asaltante forzou a porta do automóbil e roubou do interior do vehículo unha carteira con diversa documentación e un aparato de música.
Logo das investigación, a policía detivo na tarde de onte ao presunto autor dos feitos, con tres detencións anteriores e a quen se relacionada con outros dous roubos ocorridos nas mesmas datas e co mesmo modus operandi.
No transcurso da investigación lográronse recuperar dous radio-cds, polo que se están a realizar as xestión para a localización dos seus propietarios.
O detido pasou xa a disposición do Xulgado de Instrución Número Un de Redondela..