Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello demandará a Portos de Galicia a construcción dun novo pantalán en Cesantes

RR_Noticias

Todos os grupos políticos presentes na corporación municipal – PSOE, PP, BNG e PG- anunciaron a súa intención de apoiar aos colectivos sociais de Cesantes quen reclaman a construición dun novo pantalán na parroquia. O debate producirase no pleno ordinario que arrancará as 20:30 horas

A infraestructura, que xa se atopaba nun estado moi deteriorado, non aguantou os envites das ondas e o vento e a principios de mes desaparecía no mar. Por este motivo, colectivos sociais da parroquia presentaron un escrito no concello solicitando o apoio dos grupos políticos para reclamar a Portos de Galicia que se arranxe ou constrúa unha nova pasarela na zona da praia dunha nova pasarela
Un pleno no que o PP pedirá explicacións sobre os motivos que levaron ao bipartito a tomar a decisión de abandonar o proxecto de construción do novo auditorio da marisma.
Pola contra, non irá a pleno un punto que estaba incluído dentro da orde do día e que foi retirado no último momento: a modificación das ordenanzas fiscais do concello.
O bipartito deixa así en suspenso unha presumible subida de taxas por entender que ante a situación económica actual o concello non pode incrementar aínda máis os gastos dos cidadáns cun incremento nos impostos.
A sesión, que arrancará ás 20:30 horas abordará ademais a imposición de sancións a Urbaser por incumprimento das súas responsabilidades como empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará